CC-BY (Cliff1066)
Estades peleando a nada máis grande da historia (Hubert de Marais)
Baseándose no libro de Joseph Conrad O corazón das tebras, Francis Ford Coppola dirixiu en 1979 un dos grandes mitos do cine bélico en particular e da historia do cine en xeral: Apocalypse Now.
O capitán Willard (Martin Sheen) é enviado á xungla para localizar e asasinar ao coronel Kurtz (maxistralmente interpretado por Marlon Brando) nunha viaxe a bordo dunha barca que se dirixe río arriba e sendo testemuña e protagonista da guerra de Vietnam e dos seus horrores.
A rodaxe do film tivo lugar nas illas Filipinas, e as numerosas dificultades que afrontou (caprichos de Marlon Brando, infarto de Martin Sheen, tifóns que destrozaron o decorado...) contribuiron a acrecentar a lenda desta obra imprescindible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario